martes, 30 de noviembre de 2010

O Tio Tungsteno = Uncle Tungsteen

Para ver as actividades que deben realizar os alumnos e alumnas de 4º ESO A/B bilingüe podedes ir ó blog http://physcheminenglish.blogspot.com

martes, 16 de noviembre de 2010

O tio tungsteno /El tio tungsteno

O tio Tungsteno / El tio Tungsteno (Oliver Sacks)

Este e o libro que escollemos para a súa lectura en 4º de ESO. Dado que durante a primeira e parte da segunda avaliación trataremos os temas de Química, sería aconsellable que poiderades ler o libro ó mesmo tempo que avanzamos na materia.
Periódicamente iremos engadindo actividades relacionadas coa lectura do libro, que serán debidamente tidas en conta para a primeira e segunda avaliación.

SINOPSIS:

Oliver Sacks evoca neste libro de memoria a súa infancia en Inglaterra. O ruido que fai un pequena barra de tungsteno ó caer será a chave que lle abra as portas ós seus recordos. Durante a Segunda Guerra Mundial foi enviado a un internado pragado de fame e penurias. Cando retorna a Londres, Oliver atopa a súa persoal salvación no absorbente mundo da ciencia, que consigue darlle orde e sentido á súa vida. O seu mestre foi o seu tio Dave, "o tio Tungsteno", propietario e inventor nunha pequena fábrica de bombillas eléctricas. É así, totalmente absorto na física e na química, como constrúe o seu peculiar paraíso intelectual.
 
ACTIVIDADES (Pódense cubrir nos comentarios ou entregarllas ó profesor ou profesora da materia)
1. Busca no libro cómo se describen as propiedades dos metais.