jueves, 20 de octubre de 2011

4º Concurso de relatos curtos sobre ciencia: Ciencia que Conta 2011 (CQC11)!!!


4º Concurso de relatos curtos sobre ciencia: Ciencia que Conta 2011 (CQC11)
O prazo remata o 10 de novembro de 2011. Non o deixes pasar! Grandes premios!! E sobre todo, a satisfacción do traballo propio, do resultado das nosas cabeciñas, do noso maxín.
Elixe tema, fai o relato e envíao. Máximo 1000 palabras (uns 3 folios).
Se tes dúbidas consulta a web
http://cienciaqueconta.wordpress.com/



Están convidados a participar todo o alumnado de 3º e 4º de ESO. A entrega dos traballos (á profesora de Cultura Clásica ou ó profesor de Física e Química) é obrigatoria.
Na materia de Física e Química, esta participación contará positivamente na avaliación. A non entrega do traballo será tida en conta negativamente.

Agardamos o teu conto!!

ÁGORA: UN NOVO PLAN LECTOR PARA O CURSO 2011-12

Coa intención de coñecer ás bases da Ciencia actual retornamos ó pasado. Neste caso retornamos a Alexandría, Exipto, 391 dC onde a matemática-filósofa Hypatia será a observadora en primeira persoa do conflicto entre Relixión e Ciencia.
Ágora= plaza pública das cidades-estado gregas
Pero non nos pararemos aí, iremos mais atrás para recoller as fontes da Antigüidade (Aristarco, Empédocles, Demócrito, Thales, Arquímedes, Teano, Pitágoras...) e ó futuro para coñecer cómo lle serviron estas fontes á ciencia doutros séculos (Galileo, Newton, Kepler, Marie Curie, Einstein...). Tampouco nos deteremos só no mundo da ciencia, porque é a nosa intención abrir o abano desta "Ágora" ás Matemáticas, á Literatura, á Historia....
Para iso plantexamos un traballo que teña como base a lectura de textos simples:
- En 3º de ESO: "Hypatia, la maestra"
- En 4º de ESO: "Arquímedes, el despistado" e "Los diez experimentos más hermosos de la historia de la ciencia"
E a película "Ágora" de Alejandro Amenábar.

Con esta Ágora queremos darvos a coñecer o mundo clásico e a súa implicación na sociedade actual.

Agardamos a vosa participación.