Coa intención de coñecer ás bases da Ciencia actual retornamos ó pasado. Neste caso retornamos a Alexandría, Exipto, 391 dC onde a matemática-filósofa Hypatia será a observadora en primeira persoa do conflicto entre Relixión e Ciencia.
|
Ágora= plaza pública das cidades-estado gregas |
Pero non nos pararemos aí, iremos mais atrás para recoller as fontes da Antigüidade (Aristarco, Empédocles, Demócrito, Thales, Arquímedes, Teano, Pitágoras...) e ó futuro para coñecer cómo lle serviron estas fontes á ciencia doutros séculos (Galileo, Newton, Kepler, Marie Curie, Einstein...). Tampouco nos deteremos só no mundo da ciencia, porque é a nosa intención abrir o abano desta "Ágora" ás Matemáticas, á Literatura, á Historia....
Para iso plantexamos un traballo que teña como base a lectura de textos simples:
- En 3º de ESO: "Hypatia, la maestra"
- En 4º de ESO: "Arquímedes, el despistado" e "Los diez experimentos más hermosos de la historia de la ciencia"
E a película "Ágora" de Alejandro Amenábar.
Con esta Ágora queremos darvos a coñecer o mundo clásico e a súa implicación na sociedade actual.
Agardamos a vosa participación.
Achego un gran de area a este magnífico proxecto. Na URL http://www.telefonica.net/web2/filonexos/historia/presocraticos/inicial.htm
ResponderEliminarPodedes atopar información sobre os primeiros intentos científicos de entender o noso universo,os primeiros modelos, as primeiras argumentacións racionais que abandonan o pensamento mítico.