miércoles, 30 de noviembre de 2011

¡Premio para Beatriz Adán!

Parabéns para Beatriz Adán Barrientos, de 3º de ESO que conseguíu un premio no concurso "A Ciencia que Conta".
Parabéns a todos os que se lles seleccionou un relato para ser publicado.

http://cienciaqueconta.wordpress.com/cqc2011-relatos-premiados-de-secundaria/


Os premiados aparecen ordenados alfabeticamente polo nome do autor ou autora.
A lectura da Acta do Xurado e a entrega de premios terá lugar o vindeiro sábado 3 de decembro a partir das 16 horas no Museo do Mar de Galiza en Alcabre (Vigo).
É moi importante que confirmedes ao correo electrónico:cienciaqueconta@uvigo.es a vosa asistencia antes do xoves 1 de decembro.
Parabéns aos premiados e ás premiadas!
E parabéns tamén a todos os seleccionados e a todos os que escríbichedes un relato. Aí gañamos todos e todas!
Ah! E aquí van os relatos seleccionados (40) que se publicarán no libroCiencia que conta 2011 nuns meses. Parabéns!

martes, 29 de noviembre de 2011

Finalistas. A ciencia que conta.

Por fin porfin… os seleccionados do 2011!

Publicado en Info o Novembro 28, 2011 por cienciaqueconta
Por fin! Que pesadez, toda a tarde agardando polo Xurado. Se total, só eran 230 relatos…
Toda a tarde reunidos no Museo do Mar. E iso que xa os traian lidos e valorados! Seica a cousa estaba moi reñida, Eran todos moi bos! Pois aí vai a primeira selección. Mañá á noitiña darannos os premiados de cada categoría.




  • Anoitecendo
A CIENCIA É O SABER
  • Guillade
A CIENCIA, QUE TODO OU CASE TODO ARRANXA
  • Andri
A CIENCIA, UN MUNDO POR DESCUBRIR
  • Rigoberta
A CURIE ATÓMICA
  • Doctor K
A FÍSICA E A QUÍMICA, PEGAN CON TODO
  • Lúa
A GALAXIA DOS SOÑOS DE CORA
  • Nene
A MARGARIDA QUE ESTABA DETRÁS DA FIESTRA
  • Eu
A SOLUCIÓN ESTABA NO LIXO
  • Boris Germaine
A VERDADEIRA HISTORIA DE SOPHIE GERMAINE
  • Barbantesa
AMIZADE CONCIENCIA
  • Miaño
AS ORACIÓNS EXPRESAN IDEAS
  • Agnieska Petrova
AS POTENCIAS DUN GLOBO
  • Manolito Newton
AUGA MARCIANA
  • Pabqueiruga
CASE TODOS OS HOMES MORREN DAS SUAS MEDICINAS E NON DAS SUAS ENFERMIDADES
  • Darkfalcon
CRONICAS DA TERRA _O DERRADEIRO EPISODIO
  • Jordan
DE XOGADOR DE RUGBY A QUÍMICO SEN QUERELO
  • Isabela P.
EUREKA!
  • Constantia
FISIÓN NA MEMORIA
  • Alexander Fleming
PENICILIUM
  • Cambria
RELATOS NA SOIDADE
  • Observadora
UN FÉMUR FÓRA DE LUGAR
  • Alec Tora
UNHA CUESTIÓN DE DENSIDADE
A orde é alfabética por título. 
En vermello aparecen os contos enviados polo alumnado do IES de Ames.



Atentos os seleccionados. Mañá ou o mércores publicaremos os premiados, os elixidos entre os elixidos (5 de primaria, 5 de secundaria, 3 de bacharelato e 3 de público en xeral).
E parabéns para todos os que participáchedes. Non cabían todos!
E todos e todas ide reservando a tarde do sábado 3 de decembro. A cita é ás catro no Museo do Mar en Vigo. Entrega de premios e moitas sorpresas. Non o perdades! (Teñades premio ou non, pagará a pena!)