Por fin porfin… os seleccionados do 2011!
Publicado en Info o Novembro 28, 2011 por cienciaquecontaPor fin! Que pesadez, toda a tarde agardando polo Xurado. Se total, só eran 230 relatos…
Toda a tarde reunidos no Museo do Mar. E iso que xa os traian lidos e valorados! Seica a cousa estaba moi reñida, Eran todos moi bos! Pois aí vai a primeira selección. Mañá á noitiña darannos os premiados de cada categoría.
| A CIENCIA É O SABER |
| A CIENCIA, QUE TODO OU CASE TODO ARRANXA |
| A CIENCIA, UN MUNDO POR DESCUBRIR |
| A CURIE ATÓMICA |
| A FÍSICA E A QUÍMICA, PEGAN CON TODO |
| A GALAXIA DOS SOÑOS DE CORA |
| A MARGARIDA QUE ESTABA DETRÁS DA FIESTRA |
| A SOLUCIÓN ESTABA NO LIXO |
| A VERDADEIRA HISTORIA DE SOPHIE GERMAINE |
| AMIZADE CONCIENCIA |
| AS ORACIÓNS EXPRESAN IDEAS |
| AS POTENCIAS DUN GLOBO |
| AUGA MARCIANA |
| CASE TODOS OS HOMES MORREN DAS SUAS MEDICINAS E NON DAS SUAS ENFERMIDADES |
| CRONICAS DA TERRA _O DERRADEIRO EPISODIO |
| DE XOGADOR DE RUGBY A QUÍMICO SEN QUERELO |
| EUREKA! |
| FISIÓN NA MEMORIA |
| PENICILIUM |
| RELATOS NA SOIDADE |
| UN FÉMUR FÓRA DE LUGAR |
| UNHA CUESTIÓN DE DENSIDADE |
En vermello aparecen os contos enviados polo alumnado do IES de Ames.
Atentos os seleccionados. Mañá ou o mércores publicaremos os premiados, os elixidos entre os elixidos (5 de primaria, 5 de secundaria, 3 de bacharelato e 3 de público en xeral).
E parabéns para todos os que participáchedes. Non cabían todos!
E todos e todas ide reservando a tarde do sábado 3 de decembro. A cita é ás catro no Museo do Mar en Vigo. Entrega de premios e moitas sorpresas. Non o perdades! (Teñades premio ou non, pagará a pena!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario