miércoles, 14 de diciembre de 2011

Actividade Película "Agora"

Unha película non é só para ver, senón para mirar. Interesa, polo tanto que nos fixemos nos pequenos e grandes detalles, porque deles aprenderemos algo mais. Esa é a intención coa que temos que achegarnos a "mirar" esta película.
Por iso, porque é unha actividade mais de clase, deberedes entregar, debidamente cuberta, á volta das vacacións, o cuestionario que se inclúe no documento axunto.
Que disfrutedes da película!



1.  Resumo e ficha técnica da película.
2. Onde está situada a polis de Alexandría? Cales eran as súas principais construcións? .
3. Investiga un pouco máis sobre Hipatia.
   a) Recolle algunha información sobre ela que non apareza na película.
   b) A que corrente filosófica pertencía? En que século vivíu?
4. Quen era o pai de Hipatia?
5. Que é o cono de Apolonio?
6. Cal é o nome do Prefecto romano?Como é a súa relación con Hipatia?
7. Busca breve información sobre Aristarco de Samos (século en que vive, teoría explicativa do universo)
8. Busca breve información sobre Ptolomeo (século en que vive, teoría explicativa do universo)
9. Indica e describe brevemente tres escenas da película que che gustasen especialmente.
10. Indica algúns temas sobre os que investigou Hipatia, segundo o filme.
11. Explica o por que do título da película.
12. Comentario ou opinión sobre a película en xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario