martes, 30 de noviembre de 2010
O Tio Tungsteno = Uncle Tungsteen
martes, 16 de noviembre de 2010
O tio tungsteno /El tio tungsteno
O tio Tungsteno / El tio Tungsteno (Oliver Sacks)
Este e o libro que escollemos para a súa lectura en 4º de ESO. Dado que durante a primeira e parte da segunda avaliación trataremos os temas de Química, sería aconsellable que poiderades ler o libro ó mesmo tempo que avanzamos na materia.Periódicamente iremos engadindo actividades relacionadas coa lectura do libro, que serán debidamente tidas en conta para a primeira e segunda avaliación.
SINOPSIS:
Oliver Sacks evoca neste libro de memoria a súa infancia en Inglaterra. O ruido que fai un pequena barra de tungsteno ó caer será a chave que lle abra as portas ós seus recordos. Durante a Segunda Guerra Mundial foi enviado a un internado pragado de fame e penurias. Cando retorna a Londres, Oliver atopa a súa persoal salvación no absorbente mundo da ciencia, que consigue darlle orde e sentido á súa vida. O seu mestre foi o seu tio Dave, "o tio Tungsteno", propietario e inventor nunha pequena fábrica de bombillas eléctricas. É así, totalmente absorto na física e na química, como constrúe o seu peculiar paraíso intelectual.viernes, 29 de octubre de 2010
3º ESO: "A Ciencia no punto de mira"
Jorge Mira: “Son un ‘friki’ e pensei que habería máis”
Como xurdiu a idea deste libro?
A curiosidade. Empecei recompilando artigos científicos sobre temas pouco convencionais hai doce anos e teño almacenados paquetes. A poboación, en xeral, pensa que os científicos só falamos de cousas serias como a profusión do cancro de mama ou as aplicacións da Física de Materiais, pero ás veces atopas investigacións que sorprenden como unha na que se explicaba como lavar as mans alivia a conciencia. Recollelas foi parte da miña actividade, pero a idea do libro xurdiu hai dous anos: pensei que era un friki e que había máis coma min e comenteino con Auga Editora, que o publicou.
Foi moi distinto a escribir para unha publicación científica?
Absolutamente. Téñoo claro que para chegar a moita xente hai que reducir a complexidade. A min iso da divulgación rigorosa non me cabe na cabeza porque rigor e vulgarización son bastante incompatibles. Cando un quere explicar algo en dez minutos a un público amplo, sen unha base científica, ten que simplificar as ideas e recorrer a metáforas.
Moitos investigadores abusan dos tecnicismos, cre que por iso moita xente pensa que a Ciencia é aburrida?
Si, claro. Hai científicos que intentan explicar as cousas á xente sen darse conta de que non están falando con alumnos. A Ciencia non é algo de fácil acceso, necesita unha formación previa.
Dicía que non se pode divulgar sendo rigorosos, é así como se pode calcular a temperatura do inferno?
Bueno, ese caso é distinto. O que fago no libro é un exercicio matemático que ilustra unha anécdota divertida para meterme cos creacionistas porque se se calcula isto, pódese calcular case todo.
Que relación teñen cousas como o botafumeiro e o bilingüismo?
Que son cousas que sorprenden. O do botafumeiro aparece nun artigo científico que explica como se move dun xeito intuitivo, mentres que o do bilingüismo ten que ver con que xenera unha sinerxia mental que o protexe de doenzas como o Alzheimer.
Recolle 63 enigmas, destaca outros?
Hai bastantes cousas sobre sexo. Por exemplo, que as mulleres con cadeiras grandes gústanlle máis aos homes porque unha femia que deposita a graxa nas cartucheiras é identificada como saudable. E as mulleres prefiren homes cunha cara cun toque feminino, isto vai en contra de que escollen tíos machos; aprenderon que eses tamén poden ser un perigo. Tamén falo da proporcionalidade entre o tamaño da man e do pene, sobre como a alimentación das nais inflúe en que teñan máis fillos varóns ou de que as bailarinas de streap-tease cando ovulan recollen máis cartos e de que hai homes máis infieis por natureza. Son cousas que lle interesan á xente.
3º ESO: "A Ciencia no punto de mira"
Galicia
Jorge Mira publica unha obra sobre a ciencia no cotián
Sobre Jorge Mira e o seu libro
Jorge Mira: “Son un ‘friki’ e pensei que habería máis”
domingo, 10 de octubre de 2010
Plan lector do Departamento de Física e Química. Curso 2010-2011
O Departamento de Física e Química plantexa este ano unha novidade respecto de anos anteriores. A novidade consiste na elección de libros de lectura obrigatoria para o alumnado dos grupos de 3º e 4º de ESO. En bacharelato faise unha recomendación de libros de lectura, pero non hai obrigatoriedade de ler un libro en concreto. Tempo adicado á lectura e actividades: Será variable en función dos cursos e das actividades a desenvolver en cada nivel. Así:
En 3º de ESO a primeira actividade a realizar será a COMPRENSIÓN DOS TEXTOS REFERIDOS AS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO LABORATORIO: PROBLEMAS, PRÁCTICAS..... .Farase unha lectura en voz alta das tarefas que imos a realizar, trataremos de rotar esta lectura para que todo o alumnado interveña na mesma e comprobaremos que entenden a linguaxe empregada na redacción de ditas actividades. Nos grupos bilingües a lectura será realizada en Inglés, e tratarase de adquirir novo vocabulario a partir da lectura dos textos.
En 3º de ESO e 4º de ESO, cada alumno deberá de ler os libros recomendados durante o curso. Entregará un comentario dela que será tido en conta para a nota final. Durante o primeiro trimestre, os profesores informarán dos libros que poderán escoller para a súa lectura e iniciarase a lectura dos mesmos. No segundo trimestre recolleranse os resumos, comentarios e presentacións. No terceiro trimestre realizarase unha actividade de posta en común que pode ir acompañada da visualización dun DVD no caso de que a novela ou libro fose levado ó cine, ou un coloquio co autor do libro.
En 4º de ESO-PDC, no Ámbito Científico, o alumnado traballará durante 1 h á semana na Biblioteca do centro, consultando a prensa escrita para extraer e resumir novas relacionadas coa Ciencia. Ademais, cada alumno deberá de ler un dos libros recomendados (de divulgación científica, ou novelas con contidos relacionados coa Ciencia) durante o curso. Entregará un comentario dela que será tido en conta para a nota final. Durante o primeiro trimestre, os profesores informarán dos libros que poderán escoller para a súa lectura. No segundo trimestre recolleranse os resumos e comentarios. No terceiro trimestre realizarase unha actividade de posta en común que pode ir acompañada da visualización dun DVD no caso de que a novela ou libro fose levado ó cine.
En 1º e 2º de Bacharelato proporáse a lectura de textos científicos extraídos do libro de texto, ou libros de divulgación científica ou novelas.
Os libros serán escollidos entre a relación de libros que figuran na Biblioteca do IES de Ames, entre os que figuran os que aparecen nas follas axuntas:
Fomento da lectura e da escritura:
Prestarase especial atención á celebración en 2011 do "Ano Internacinal da Química", polo que as actividades irán encamiñadas a recopilación de noticias, eventos, etc… relativos ó tema. Para iso elaborarase un blog onde se irá incorporando toda a información relativa ó plan lector dentro do departamento.
En 3º e 4º de ESO o alumnado deberá realizar presentacións na clase sobre informacións relevantes no mundo da Ciencia (Premios Nobel, Eventos...).
En 1º de Bacharelato tentarase participar na edición dun periódio on-line participando no concurso "El Pais de los Estudiantes".
Propoñemos a elaboración de pequenos traballos de investigación en grupo. Cada grupo realizará un e cos resultados faremos unha exposición na biblioteca .
LIBROS RECOMENDADOS
3º ESO
LIBRO: "A Ciencia no punto de mira". Jorge Mira Pérez. 2010. Ed. Auga
1º TRIMESTRE: Lectura do libro
2º TRIMESTRE: Presentación dos resumos, cuestións e crítica sobre o libro. (A presentación destes traballos poderase realizar como documento de texto, presentación de powerpoint, video explicativo, etc; e deberá ser enteiramente orixinal).
3º TRIMESTRE: Conferencia do autor e coloquio.
4º ESO
LIBRO 1: "El contador de arena". Gillian Bradshaw. 2006. Ed. Salamandra
1º TRIMESTRE: Lectura do libro
2º TRIMESTRE: Presentación dos resumos, cuestións e crítica sobre o libro. (A presentación destes traballos poderase realizar como documento de texto, presentación de powerpoint, video explicativo, etc; e deberá ser enteiramente orixinal).
3º TRIMESTRE: Proxección dunha película e coloquio.
LIBRO 2: "El tio Tungsteno. Recuerdos de un químico precoz". Oliver Sacks. 2003. Ed. Anagrama
1º TRIMESTRE: Lectura do libro
2º TRIMESTRE: Presentación dos resumos, cuestións e crítica sobre o libro. (A presentación destes traballos poderase realizar como documento de texto, presentación de powerpoint, video explicativo, etc; e deberá ser enteiramente orixinal).
3º TRIMESTRE: Proxección dunha película e coloquio.
BACHARELATO
"ADN, El secreto de la vida". Autor: James Watson
"En busca de Klingsor". Autor: Jorge Volpi
"Una breve historia de casi todo". Autor: Bill Bryson
"No digas a Dios lo que tiene que hacer. Einstein: la novela de una vida". Autor: Francoise de Closets.
"Nikola Tesla: El genio al que le robaron la luz". Autor: Margaret Cheney
"The life and times of Nikola Tesla: Biography of a genius". Autor: Marc Seifer
"La enfermedad de Sachs". Autor: Martin Winkler
" Los tres médicos". Martin Winckler
" Una mente maravillosa". Sylvia Nasar
"Isaac Newton". James Gleick
Pero tamén se recomenda a lectura dos libros que a continuación se citan:
El sistema periódico Este é un libro que inclúe 21 relatos dedicados, cada un deles, a un elemento químico. Algúns son autobiográficos e outros son de ficción. En moitos deles o contido está relacionado, dalgunha maneira, co elemento químico do título. Os temas son moi variados, pero todos tenden a tratar as relacións humanas dunha ou doutra manerira. | |
El médico | |
El nombre de la rosa Nunha abadía de Italia morre un dos monxes de forma misteriorsa. Para investigar o suceso chega frai Guillerme de Baskerville acompañado do seu xoven discípulo. | |
Einstein 1905 : un año milagroso : cinco artículos que cambiaron la física John Stachel, Ed. Crítica, 2001 Este libro recolle os cinco artigosque Einstein publicou en 1905, eixes fundamentais da Teoría da Relatividade e da Teoría Cuántica. | |
Einstein for dummies | |
Einstein, historia y otras pasiones : la rebelión contra la Ciencia en el final del siglo XX Ed.: Taurus, 1999 | |
Lo que Einstein le contó a su barbero Crespo Mejía, Luis / Crespo, Pedro / Wolke, Robert L Robert L. Wolke, sorpréndenos coas súas comprensibles, esenciais e exactas respostas a un sinfín de cuestións, fenómenos e sucesos que, por cotiás, cremos xa sabidos. | |
Lo que Einstein le contó a su cocinero Neste libro, o autor explica de forma moi amena e comprensible o por qué de moitas cousas que suceden na cociña dende o punto de vista da física e química: o proceso industrial dalgúns ingredientes, mitos e falacias da cociña e outras curiosidades. | |
Hawking y los agujeros negros STRATHERN, Paul / HAWKING, Stephen W. Hawking y los agujeros negros proporciona información sobre a vida e o traballo de Stephen Hawking ademais de explicar de maneira accesible e clara o significado e importancia dos seus descubrimentos. | |
Mujeres científicas de todos los tiempos Nuria Solsona i Pairó SOLSONA I PAIRÓ, Nuria Este libro presenta unha síntese divulgativa dos resultados das investigacións que se teñen levado a cabo pero tendo en conta a relación entre as mulleres e o coñecemento. Dar a coñecer os traballos científcos das mulleres é unha das vías para identificar a autoridade científica feminina. | |
Momentos estelares de la ciencia . Isaac Asimov Este libro é moi curto, así que a ningúen lle dará preguiza leelo. Cada capítulo está dedicado a un gran científico ou inventor, dende Arquímedes ata Goddard, pasando por Copérnico, Newton, Lavoisier, Watt, Faraday... En cada caso describe o experimento ou contribución de cada un deles de xeito comprensible para todo o mundo. Pero, tamén nos descubre algunha curiosidade da vida de cada persoaxe. | |
¿ Qué es una cosa llamada ciencia? CHALMERS, Alan F. Este libro é unha introducción simple aos modernos puntos de vista sobre a natureza da ciencia. O autor sostén como idea central que non hai ningún método que permita probar que as teorías científicas son verdadeiras, así como tampouco hai ningún método que permita refutalas de xeito concluínte. | |
Qué divertida es la ciencia! : anécdotas, chistes, citas, manías, desatinos y patinazos de los científicos Resumo de anécdotas, curiosidades e outras... | |
La clave secreta del universo Galfard, Christophe / Martín de Dios, Laura / Hawking, S. W / Hawking, Lucy Ed. Montena, 2008 Non é unicamente un gran libro de aventuras. É tamén unha amena introducción ó Cosmos e unha boa ferramenta de divulgación científica. científica. |
El alquimista impaciente A segunda novela do ciclo do sarxento Bevilacqua e a axente Chamorro. Nesta ocasión, os investigadores teñense que enfrentar á morte dun enxeñeiro dunha central nuclear, que aparce nun motel en posición desafortunada e con notorios restos de consumo de droga na sangue. | |
El tío Tungsteno. Recuerdos de un químico precoz Ed. Anagrama, 203 A 2ª Guerra Mundial obriga a evacuar aos nenos de Londres. Con 6 anos, Oliver Sachs e seu irmán Michael quedan internos nun campo, dirixido por un sádico. O maltrato e o illamento e persecución dos compañeiros fan que Michael termine psicótico e que teña que refuxiarse na beleza e perfección da ciencia como unha maneira de illarse dun mundo intolerable. | |
Ángeles y demonios | |
La conspiración | |
Estado de Miedo Crichton, Michael Unha trepidante novela onde o ecoloxismo non sae sempre ben parado. | |
Los crímenes de Oxford Martínez, Guillermo Ed. Destino, 2004 A orixinal historia que nos propón o autor discurre entre interesantes debates entorno a Wittgenstein e Gödel, a vida dos enfermos terminales nos hospitais, un inevitable romance...Incluso a demostración do Último Teorema de Fermat por Andrew Wiles en Cambridge aparece implicada na trama. |
Recomendaremos o manexo de páxinas web de Física e Química que lle axudarán na elaboración dos traballos propostos e tamén para realizar actividades complementarias.
O número de páxinas web relacionadas coa materia de Física e Química e interminable, polo que trataremos de que eles mesmos busquen a información e nos asesorarémolos.
Proporcionarase tamén unha Bibliografía de consulta, especialmente dirixida aos alumnos de 2ºBAC.
Intentaremos coordinar a marcha dos traballos mediante o blog preparado ó efecto: http://fqlectoriesames.blogspot.com/
martes, 5 de octubre de 2010
Benvida
Queremos darche a benvida o blog do Departamento de Física e Química do IES de Ames. Aquí poderás atopar o proxecto de lecturas que presentamos.
Este ano hai algunha novidade, sobre todo en 3º e 4º de ESO.
En 3º de ESO escollimos un libro para que "todos/as" leades. Trátase de "A Ciencia no punto de mira", escrito por Jorge Mira (o coñecido físico e divulgador científico). Pensamos que se pode tratar dun libro divertido que vos achegará ó coñecemento de cómo a Ciencia é capaz de explicar fenómenos conectados coa vosa realidade cotiá.
En 4º de ESO propoñemos a lectura de dous libros: "El contador de arena",de Gillian Bradshaw; e "El tio Tungsteno. Recuerdos de un químico precoz", de Oliver Sacks. Esperamos que vos gusten.
Para 1º e 2º de Bacharelato mantemos os mesmos libros recomendados do ano pasado, mais algunha nova incorporación.
Esperamos que disfrutes da lectura. E non esquezas publicar os teus comentarios.