Jorge Mira: “Son un ‘friki’ e pensei que habería máis”
O investigador e presentador reúne nun
libro máis de 60 curiosidades científicas
25/10/2010 - 02:01 h.
Jorge Mira, doutor en Física e profesor da Universidade de Santiago, é un dos divulgadores científicos máis populares en Galicia. Coñecido pola súa colaboración no popular programa Cifras e Letras e por traer a Santiago algúns dos premios Nobel máis significativos, o seu último reto é amosar que as pesquisas científicas poden ser divertidas. A ciencia no punto de mira (Auga Editora, 2010) é o seu primeiro libro, unha compilación de curiosidades prologada polo catedrático de Medicina Legal, Ángel Carracedo. Hoxe, presenta na Domus da Coruña ás 12.30 este proxecto que, ademais de ao público xeral, interesará a moitos frikis.
Como xurdiu a idea deste libro?
A curiosidade. Empecei recompilando artigos científicos sobre temas pouco convencionais hai doce anos e teño almacenados paquetes. A poboación, en xeral, pensa que os científicos só falamos de cousas serias como a profusión do cancro de mama ou as aplicacións da Física de Materiais, pero ás veces atopas investigacións que sorprenden como unha na que se explicaba como lavar as mans alivia a conciencia. Recollelas foi parte da miña actividade, pero a idea do libro xurdiu hai dous anos: pensei que era un friki e que había máis coma min e comenteino con Auga Editora, que o publicou.
Foi moi distinto a escribir para unha publicación científica?
Absolutamente. Téñoo claro que para chegar a moita xente hai que reducir a complexidade. A min iso da divulgación rigorosa non me cabe na cabeza porque rigor e vulgarización son bastante incompatibles. Cando un quere explicar algo en dez minutos a un público amplo, sen unha base científica, ten que simplificar as ideas e recorrer a metáforas.
Moitos investigadores abusan dos tecnicismos, cre que por iso moita xente pensa que a Ciencia é aburrida?
Si, claro. Hai científicos que intentan explicar as cousas á xente sen darse conta de que non están falando con alumnos. A Ciencia non é algo de fácil acceso, necesita unha formación previa.
Dicía que non se pode divulgar sendo rigorosos, é así como se pode calcular a temperatura do inferno?
Bueno, ese caso é distinto. O que fago no libro é un exercicio matemático que ilustra unha anécdota divertida para meterme cos creacionistas porque se se calcula isto, pódese calcular case todo.
Que relación teñen cousas como o botafumeiro e o bilingüismo?
Que son cousas que sorprenden. O do botafumeiro aparece nun artigo científico que explica como se move dun xeito intuitivo, mentres que o do bilingüismo ten que ver con que xenera unha sinerxia mental que o protexe de doenzas como o Alzheimer.
Recolle 63 enigmas, destaca outros?
Hai bastantes cousas sobre sexo. Por exemplo, que as mulleres con cadeiras grandes gústanlle máis aos homes porque unha femia que deposita a graxa nas cartucheiras é identificada como saudable. E as mulleres prefiren homes cunha cara cun toque feminino, isto vai en contra de que escollen tíos machos; aprenderon que eses tamén poden ser un perigo. Tamén falo da proporcionalidade entre o tamaño da man e do pene, sobre como a alimentación das nais inflúe en que teñan máis fillos varóns ou de que as bailarinas de streap-tease cando ovulan recollen máis cartos e de que hai homes máis infieis por natureza. Son cousas que lle interesan á xente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario