Galicia
Jorge Mira publica unha obra sobre a ciencia no cotián
DIANA MANDIÁ 22/10/2010
Que a beleza ten base evolutiva e que as mulleres que non comen ningún tipo de produto animal teñen até cinco veces menos probabilidade de concibir xemelgos quizais non é unha novidade para gran parte dos científicos, pero si para a xente de a pé. Iso mesmo pensou Jorge Mira, o físico galego máis mediático. Mira, profesor na Universidade de Santiago e condutor, xunto a Paco Lodeiro e Yolanda Castaño do concurso Cifras e Letras, presenta hoxe na Coruña o seu primeiro libro, A ciencia no punto de Mira, unha obra divulgativa na que o físico de Baio explica, con sinxeleza e humor, por que ás mulleres lles gustan máis os homes con faccións femininas ou por que os grabdes bebedores poden diminuir até un 80% o risco de padecer cirrose se ademais de alcol consomen café.
Foi a apetencia de Mira pola literatura científica, case nunca apta para non iniciados, a que levou ao físico a escribir a súa primeira obra divulgativa. "A xente non ten tempo para ler un estudio completo e por riba a ciencia ten unha linguaxe obtusa. Por iso quixen buscar algo que enganchase ao público xeral", explica o autor. A ciencia no punto de Mira toca temas estudados por universidades e revistas científicas de todo o mundo, ademais de repasar con exemplos prácticos os descubrimentos dos grandes xenios. O de Arquímides sérvelle para demostrar que o peso real dun quilo de palla é maior que o de un de ferro, porque o peso do volume de aire que ocupa a primeira é tamén maior. Un estudo da universidade de Toronto demostra que o bilingüismo atrasa case catro anos os síntomas da demencia, á vez que reforza a capacidade de atención do individuo. "A ciencia é algo moi complexo, pero serve para explicalo todo", reivindica o físico, que en 2008, como coordinador do programa ConCiencia, recibió en Anthony Hopwings en Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario