domingo, 10 de octubre de 2010

Plan lector do Departamento de Física e Química. Curso 2010-2011

O Departamento de Física e Química plantexa este ano unha novidade respecto de anos anteriores. A novidade consiste na elección de libros de lectura obrigatoria para o alumnado dos grupos de 3º e 4º de ESO. En bacharelato faise unha recomendación de libros de lectura, pero non hai obrigatoriedade de ler un libro en concreto.
  • Tempo adicado á lectura e actividades: Será variable en función dos cursos e das actividades a desenvolver en cada nivel. Así:
  • En 3º de ESO a primeira actividade a realizar será a COMPRENSIÓN DOS TEXTOS REFERIDOS AS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO LABORATORIO: PROBLEMAS, PRÁCTICAS..... .Farase unha lectura en voz alta das tarefas que imos a realizar, trataremos de rotar esta lectura para que todo o alumnado interveña na mesma e comprobaremos que entenden a linguaxe empregada na redacción de ditas actividades. Nos grupos bilingües a lectura será realizada en Inglés, e tratarase de adquirir novo vocabulario a partir da lectura dos textos.
  • En 3º de ESO e 4º de ESO, cada alumno deberá de ler os libros recomendados durante o curso. Entregará un comentario dela que será tido en conta para a nota final. Durante o primeiro trimestre, os profesores informarán dos libros que poderán escoller para a súa lectura e iniciarase a lectura dos mesmos. No segundo trimestre recolleranse os resumos, comentarios e presentacións. No terceiro trimestre realizarase unha actividade de posta en común que pode ir acompañada da visualización dun DVD no caso de que a novela ou libro fose levado ó cine, ou un coloquio co autor do libro.
  • En 4º de ESO-PDC, no Ámbito Científico, o alumnado traballará durante 1 h á semana na Biblioteca do centro, consultando a prensa escrita para extraer e resumir novas relacionadas coa Ciencia. Ademais, cada alumno deberá de ler un dos libros recomendados (de divulgación científica, ou novelas con contidos relacionados coa Ciencia) durante o curso. Entregará un comentario dela que será tido en conta para a nota final. Durante o primeiro trimestre, os profesores informarán dos libros que poderán escoller para a súa lectura. No segundo trimestre recolleranse os resumos e comentarios. No terceiro trimestre realizarase unha actividade de posta en común que pode ir acompañada da visualización dun DVD no caso de que a novela ou libro fose levado ó cine.
  • En 1º e 2º de Bacharelato proporáse a lectura de textos científicos extraídos do libro de texto, ou libros de divulgación científica ou novelas. 

    Os libros serán escollidos entre a relación de libros que figuran na Biblioteca do IES de Ames, entre os que figuran os que aparecen nas follas axuntas:
  • Fomento da lectura e da escritura:
    • Prestarase especial atención á celebración en 2011 do "Ano Internacinal da Química", polo que as actividades irán encamiñadas a recopilación de noticias, eventos, etc… relativos ó tema. Para iso elaborarase un blog onde se irá incorporando toda a información relativa ó plan lector dentro do departamento.
    • En 3º e 4º de ESO o alumnado deberá realizar presentacións na clase sobre informacións relevantes no mundo da Ciencia (Premios Nobel, Eventos...).
    • En 1º de Bacharelato tentarase participar na edición dun periódio on-line participando no concurso "El Pais de los Estudiantes".
  • Propoñemos a elaboración de pequenos traballos de investigación en grupo. Cada grupo realizará un e cos resultados faremos unha exposición na biblioteca .
LIBROS RECOMENDADOS
3º ESO
LIBRO: "A Ciencia no punto de mira". Jorge Mira Pérez. 2010. Ed. Auga
1º TRIMESTRE: Lectura do libro
2º TRIMESTRE: Presentación dos resumos, cuestións e crítica sobre o libro. (A presentación destes traballos poderase realizar como documento de texto, presentación de powerpoint, video explicativo, etc; e deberá ser enteiramente orixinal).
3º TRIMESTRE: Conferencia do autor e coloquio.
4º ESO
LIBRO 1: "El contador de arena". Gillian Bradshaw. 2006. Ed. Salamandra
1º TRIMESTRE: Lectura do libro
2º TRIMESTRE: Presentación dos resumos, cuestións e crítica sobre o libro. (A presentación destes traballos poderase realizar como documento de texto, presentación de powerpoint, video explicativo, etc; e deberá ser enteiramente orixinal).
3º TRIMESTRE: Proxección dunha película e coloquio.
LIBRO 2: "El tio Tungsteno. Recuerdos de un químico precoz". Oliver Sacks. 2003. Ed. Anagrama
1º TRIMESTRE: Lectura do libro
2º TRIMESTRE: Presentación dos resumos, cuestións e crítica sobre o libro. (A presentación destes traballos poderase realizar como documento de texto, presentación de powerpoint, video explicativo, etc; e deberá ser enteiramente orixinal).
3º TRIMESTRE: Proxección dunha película e coloquio.
BACHARELATO
"ADN, El secreto de la vida". Autor: James Watson
"En busca de Klingsor". Autor: Jorge Volpi
"Una breve historia de casi todo". Autor: Bill Bryson
"No digas a Dios lo que tiene que hacer. Einstein: la novela de una vida". Autor: Francoise de Closets.
"Nikola Tesla: El genio al que le robaron la luz". Autor: Margaret Cheney
"The life and times of Nikola Tesla: Biography of a genius". Autor: Marc Seifer
"La enfermedad de Sachs". Autor: Martin Winkler
" Los tres médicos". Martin Winckler
" Una mente maravillosa". Sylvia Nasar
"Isaac Newton". James Gleick
Pero tamén se recomenda a lectura dos libros que a continuación se citan:
El sistema periódico


LEVI, Primo / MARTÍN GAITE, Carmen, trad.
Ed. Alianza, 1998


Este é un libro que inclúe 21 relatos dedicados, cada un deles, a un elemento químico. Algúns son autobiográficos e outros son de ficción. En moitos deles o contido está relacionado, dalgunha maneira, co elemento químico do título. Os temas son moi variados, pero todos tenden a tratar as relacións humanas dunha ou doutra manerira.
El médico


GORDON, Noah

Ed. B, 1998 Edición

A historia de Rob J. Cole desde que se dedica a axudar a sua familia na Inglaterra medieval ata conseguir facer realidade o seu soño de aprender medicina na madraza de Ispahán.

Moi recomendable para os que queiran medicina.
El nombre de la rosa

ECO, Umberto
Ed.
Plaza & Janés 1998

Nunha abadía de Italia morre un dos monxes de forma misteriorsa. Para investigar o suceso chega frai Guillerme de Baskerville acompañado do seu xoven discípulo.

Einstein 1905 : un año milagroso : cinco artículos que cambiaron la física

John Stachel,

Ed. Crítica, 2001

Este libro recolle os cinco artigosque Einstein publicou en 1905, eixes fundamentais da Teoría da Relatividade e da Teoría Cuántica.
Einstein for dummies

Carlos I. Calle;

Ed. John Wiley and sons, 2006

Physicist Carlos Calle chronicles Einstein's career and explains his work-including the theories of special and general relativity-in language that anyone can understand.


 
Einstein, historia y otras pasiones : la rebelión contra la Ciencia en el final del siglo XX


HOLTON, Gerald / GARCÍA SANZ, José Javier, tr.

Ed.: Taurus, 1999

Gerald Holton utiliza a vida e obra de Einstein para estudiar o papel da ciencia como elemento constitutivo da civilización occidental, alentando sobre os perigos da rebelión que actualmente se dirixe contra a racionalidad en nome do postmodernismo, do irracionalismo e outras manifestacións.

Lo que Einstein le contó a su barbero

Crespo Mejía, Luis / Crespo, Pedro / Wolke, Robert L
Ed. Ma Non Troppo, 2003

Robert L. Wolke, sorpréndenos coas súas comprensibles, esenciais e exactas respostas a un sinfín de cuestións, fenómenos e sucesos que, por cotiás, cremos xa sabidos.
Lo que Einstein le contó a su cocinero


Paterson Hernández, Mayra / Wolke, Robert L
Editorial: Ma non Troppo D.L., 2005


Neste libro, o autor explica de forma moi amena e comprensible o por qué de moitas cousas que suceden na cociña dende o punto de vista da física e química: o proceso industrial dalgúns ingredientes, mitos e falacias da cociña e outras curiosidades.
Hawking y los agujeros negros

STRATHERN, Paul / HAWKING, Stephen W.
Ed. Siglo Veintiuno, 1999


Hawking y los agujeros negros proporciona información sobre a vida e o traballo de Stephen Hawking ademais de explicar de maneira accesible e clara o significado e importancia dos seus descubrimentos.
Mujeres científicas de todos los tiempos

Nuria Solsona i Pairó SOLSONA I PAIRÓ, Nuria
Ed. Talasa, D.L. 1997


Este libro presenta unha síntese divulgativa dos resultados das investigacións que se teñen levado a cabo pero tendo en conta a relación entre as mulleres e o coñecemento. Dar a coñecer os traballos científcos das mulleres é unha das vías para identificar a autoridade científica feminina.
Momentos estelares de la ciencia .

Isaac Asimov
Ed. Alianza, 1999


Este libro é moi curto, así que a ningúen lle dará preguiza leelo. Cada capítulo está dedicado a un gran científico ou inventor, dende Arquímedes ata Goddard, pasando por Copérnico, Newton, Lavoisier, Watt, Faraday... En cada caso describe o experimento ou contribución de cada un deles de xeito comprensible para todo o mundo. Pero, tamén nos descubre algunha curiosidade da vida de cada persoaxe.
¿ Qué es una cosa llamada ciencia?


CHALMERS, Alan F.
Ed. Siglo Veintiuno, 1994

Este libro é unha introducción simple aos modernos puntos de vista sobre a natureza da ciencia. O autor sostén como idea central que non hai ningún método que permita probar que as teorías científicas son verdadeiras, así como tampouco hai ningún método que permita refutalas de xeito concluínte.

Qué divertida es la ciencia! : anécdotas, chistes, citas, manías, desatinos y patinazos de los científicos


COPERÍAS, Enrique M.

Ed. G y J España Ed., 2002

Resumo de anécdotas, curiosidades e outras...
La clave secreta del universo

Galfard, Christophe / Martín de Dios, Laura / Hawking, S. W / Hawking, Lucy

Ed. Montena, 2008

Non é unicamente un gran libro de aventuras. É tamén unha amena introducción ó Cosmos e unha boa ferramenta de divulgación científica. científica.
El alquimista impaciente
Lorenzo Silva
Col. Booket nº 2002 Destino, 2001


A segunda novela do ciclo do sarxento Bevilacqua e a axente Chamorro. Nesta ocasión, os investigadores teñense que enfrentar á morte dun enxeñeiro dunha central nuclear, que aparce nun motel en posición desafortunada e con notorios restos de consumo de droga na sangue.
El tío Tungsteno. Recuerdos de un químico precoz

Sacks, Oliver

Ed. Anagrama, 203

A 2ª Guerra Mundial obriga a evacuar aos nenos de Londres. Con 6 anos, Oliver Sachs e seu irmán Michael quedan internos nun campo, dirixido por un sádico. O maltrato e o illamento e persecución dos compañeiros fan que Michael termine psicótico e que teña que refuxiarse na beleza e perfección da ciencia como unha maneira de illarse dun mundo intolerable.

Ángeles y demonios
BROWN, DAN

Ed. BOOKS4POCKET 2009

A arma mais poderosa creada polo home, unha organización con sede de venganza... e apenas unhas horas para evitar o desastre. A eterna disputa entre ciencia e relixión.
La conspiración
BROWN, DAN

Ed. Umbriel, 2005

Nos xeos eternos do Ártico durme o mais fascinante descubrimetno da historia da humanidade... e tamén un intrigante xogo de mentiras e enganos. A analista de sistemas Rachel Sexton e o oceanógrafo Michael Tolland forman parte dun equipo de expertos enviados pola Casa Blanca ó Ártico para autentificar un fabuloso descubrimento realizado pola NASA.
Estado de Miedo

Crichton, Michael
Ed. Plaza & Janés, 2004


Peter Evans é un abogado que traballa dende fai tempo para o multimillonario e eoloxista George Morton. Este morre extraña e subitamente nun accidente de tráfico, tras visitar unha das investigacións que subvenciona. Así, queda no aire a futura aportación monetaria que pensaba destinar a un dos seus grupos ecoloxistas.

Unha trepidante novela onde o ecoloxismo non sae sempre ben parado.
Los crímenes de Oxford

Martínez, Guillermo

Ed. Destino, 2004

A orixinal historia que nos propón o autor discurre entre interesantes debates entorno a Wittgenstein e Gödel, a vida dos enfermos terminales nos hospitais, un inevitable romance...Incluso a demostración do Último Teorema de Fermat por Andrew Wiles en Cambridge aparece implicada na trama.

 
 
 
 
 
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario