miércoles, 14 de diciembre de 2011

Actividade Película "Agora"

Unha película non é só para ver, senón para mirar. Interesa, polo tanto que nos fixemos nos pequenos e grandes detalles, porque deles aprenderemos algo mais. Esa é a intención coa que temos que achegarnos a "mirar" esta película.
Por iso, porque é unha actividade mais de clase, deberedes entregar, debidamente cuberta, á volta das vacacións, o cuestionario que se inclúe no documento axunto.
Que disfrutedes da película!



1.  Resumo e ficha técnica da película.
2. Onde está situada a polis de Alexandría? Cales eran as súas principais construcións? .
3. Investiga un pouco máis sobre Hipatia.
   a) Recolle algunha información sobre ela que non apareza na película.
   b) A que corrente filosófica pertencía? En que século vivíu?
4. Quen era o pai de Hipatia?
5. Que é o cono de Apolonio?
6. Cal é o nome do Prefecto romano?Como é a súa relación con Hipatia?
7. Busca breve información sobre Aristarco de Samos (século en que vive, teoría explicativa do universo)
8. Busca breve información sobre Ptolomeo (século en que vive, teoría explicativa do universo)
9. Indica e describe brevemente tres escenas da película que che gustasen especialmente.
10. Indica algúns temas sobre os que investigou Hipatia, segundo o filme.
11. Explica o por que do título da película.
12. Comentario ou opinión sobre a película en xeral.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

¡Premio para Beatriz Adán!

Parabéns para Beatriz Adán Barrientos, de 3º de ESO que conseguíu un premio no concurso "A Ciencia que Conta".
Parabéns a todos os que se lles seleccionou un relato para ser publicado.

http://cienciaqueconta.wordpress.com/cqc2011-relatos-premiados-de-secundaria/


Os premiados aparecen ordenados alfabeticamente polo nome do autor ou autora.
A lectura da Acta do Xurado e a entrega de premios terá lugar o vindeiro sábado 3 de decembro a partir das 16 horas no Museo do Mar de Galiza en Alcabre (Vigo).
É moi importante que confirmedes ao correo electrónico:cienciaqueconta@uvigo.es a vosa asistencia antes do xoves 1 de decembro.
Parabéns aos premiados e ás premiadas!
E parabéns tamén a todos os seleccionados e a todos os que escríbichedes un relato. Aí gañamos todos e todas!
Ah! E aquí van os relatos seleccionados (40) que se publicarán no libroCiencia que conta 2011 nuns meses. Parabéns!

martes, 29 de noviembre de 2011

Finalistas. A ciencia que conta.

Por fin porfin… os seleccionados do 2011!

Publicado en Info o Novembro 28, 2011 por cienciaqueconta
Por fin! Que pesadez, toda a tarde agardando polo Xurado. Se total, só eran 230 relatos…
Toda a tarde reunidos no Museo do Mar. E iso que xa os traian lidos e valorados! Seica a cousa estaba moi reñida, Eran todos moi bos! Pois aí vai a primeira selección. Mañá á noitiña darannos os premiados de cada categoría.




  • Anoitecendo
A CIENCIA É O SABER
  • Guillade
A CIENCIA, QUE TODO OU CASE TODO ARRANXA
  • Andri
A CIENCIA, UN MUNDO POR DESCUBRIR
  • Rigoberta
A CURIE ATÓMICA
  • Doctor K
A FÍSICA E A QUÍMICA, PEGAN CON TODO
  • Lúa
A GALAXIA DOS SOÑOS DE CORA
  • Nene
A MARGARIDA QUE ESTABA DETRÁS DA FIESTRA
  • Eu
A SOLUCIÓN ESTABA NO LIXO
  • Boris Germaine
A VERDADEIRA HISTORIA DE SOPHIE GERMAINE
  • Barbantesa
AMIZADE CONCIENCIA
  • Miaño
AS ORACIÓNS EXPRESAN IDEAS
  • Agnieska Petrova
AS POTENCIAS DUN GLOBO
  • Manolito Newton
AUGA MARCIANA
  • Pabqueiruga
CASE TODOS OS HOMES MORREN DAS SUAS MEDICINAS E NON DAS SUAS ENFERMIDADES
  • Darkfalcon
CRONICAS DA TERRA _O DERRADEIRO EPISODIO
  • Jordan
DE XOGADOR DE RUGBY A QUÍMICO SEN QUERELO
  • Isabela P.
EUREKA!
  • Constantia
FISIÓN NA MEMORIA
  • Alexander Fleming
PENICILIUM
  • Cambria
RELATOS NA SOIDADE
  • Observadora
UN FÉMUR FÓRA DE LUGAR
  • Alec Tora
UNHA CUESTIÓN DE DENSIDADE
A orde é alfabética por título. 
En vermello aparecen os contos enviados polo alumnado do IES de Ames.



Atentos os seleccionados. Mañá ou o mércores publicaremos os premiados, os elixidos entre os elixidos (5 de primaria, 5 de secundaria, 3 de bacharelato e 3 de público en xeral).
E parabéns para todos os que participáchedes. Non cabían todos!
E todos e todas ide reservando a tarde do sábado 3 de decembro. A cita é ás catro no Museo do Mar en Vigo. Entrega de premios e moitas sorpresas. Non o perdades! (Teñades premio ou non, pagará a pena!)

jueves, 20 de octubre de 2011

4º Concurso de relatos curtos sobre ciencia: Ciencia que Conta 2011 (CQC11)!!!


4º Concurso de relatos curtos sobre ciencia: Ciencia que Conta 2011 (CQC11)
O prazo remata o 10 de novembro de 2011. Non o deixes pasar! Grandes premios!! E sobre todo, a satisfacción do traballo propio, do resultado das nosas cabeciñas, do noso maxín.
Elixe tema, fai o relato e envíao. Máximo 1000 palabras (uns 3 folios).
Se tes dúbidas consulta a web
http://cienciaqueconta.wordpress.com/



Están convidados a participar todo o alumnado de 3º e 4º de ESO. A entrega dos traballos (á profesora de Cultura Clásica ou ó profesor de Física e Química) é obrigatoria.
Na materia de Física e Química, esta participación contará positivamente na avaliación. A non entrega do traballo será tida en conta negativamente.

Agardamos o teu conto!!

ÁGORA: UN NOVO PLAN LECTOR PARA O CURSO 2011-12

Coa intención de coñecer ás bases da Ciencia actual retornamos ó pasado. Neste caso retornamos a Alexandría, Exipto, 391 dC onde a matemática-filósofa Hypatia será a observadora en primeira persoa do conflicto entre Relixión e Ciencia.
Ágora= plaza pública das cidades-estado gregas
Pero non nos pararemos aí, iremos mais atrás para recoller as fontes da Antigüidade (Aristarco, Empédocles, Demócrito, Thales, Arquímedes, Teano, Pitágoras...) e ó futuro para coñecer cómo lle serviron estas fontes á ciencia doutros séculos (Galileo, Newton, Kepler, Marie Curie, Einstein...). Tampouco nos deteremos só no mundo da ciencia, porque é a nosa intención abrir o abano desta "Ágora" ás Matemáticas, á Literatura, á Historia....
Para iso plantexamos un traballo que teña como base a lectura de textos simples:
- En 3º de ESO: "Hypatia, la maestra"
- En 4º de ESO: "Arquímedes, el despistado" e "Los diez experimentos más hermosos de la historia de la ciencia"
E a película "Ágora" de Alejandro Amenábar.

Con esta Ágora queremos darvos a coñecer o mundo clásico e a súa implicación na sociedade actual.

Agardamos a vosa participación.

miércoles, 6 de abril de 2011

A ciencia no punto de mira....con JORGE MIRA

Este Mércores, ás 16:00 na Biblioteca do I.E.S. de Ames tivemos o pracer de charlar con Jorge Mira, o autor do libro "A Ciencia no punto de mira", e que atendeu amablemente ás, poucas, cuestións plantexadas e nos deu unhas breves pinceladas sobre o libro.
Cómpre agradecerlle ó tempo que nos adicou, e agradecer ós asistentes a sua presencia neste breve e sinxelo acto.









lunes, 24 de enero de 2011

A CIENCIA NO PUNTO DE MIRA- ACTIVIDADES

Para o alumnado de 3º de ESO (Grupos Bilingües):
A actividade (para cada unha das cuestión asignadas) consistirá en presentar unha folla DIN A-4 (nunha carilla) vertical que inclúa:
- Título da cuestión (En Galego e Inglés)
-  Resumo da resposta: non inferior a 10 liñas e non superior a 20 liñas, para cada unha das cuestións (tipo de letra: Times New Roman, tamaño: 12 pts, interliñado: 1,5 liñas).
- Fotografía ou debuxo relativo á cuestión ou a súa resposta.
- Nome do alumno/a.
Na lista seguinte aparece as preguntas que cada alumno/a deberá explicar de maneira breve en forma oral e escrita.
(No caso de que o resumo da explicación esté en Inglés, tan só será necesario entregar dúas das cuestións asignadas)


3º ESO A
questions


CAAMAÑO COUTADO, SANDRA
1
27
30
CAÑETE TORRES, MARÍA VANESA
2
28
31
CASAS FONTÁN, ALICIA
3
29
32
CASTIÑEIRAS RELLA, JORGE
4
30
33
HERMIDA LÓPEZ-SANTOS, GONZALO
5
31
34
LAMAS FRANCIS, ELENA
6
32
35
LORENZO REY, IRENE
7
33
36
MALLÓN VÁZQUEZ, NEREA
8
34
37
MARÍN BUÑO, PAULA
9
35
38
MASA OGANDO, ADRIÁN
10
36
39
MATA OJEROS, ALBA
11
37
40
MIRANDA GUERRA, ENRIQUE
12
38
41
SEOANE FERREIRO, MANUEL
13
39
42
TUÑAS CAAMAÑO, FÁTIMA
14
40
43
3º ESO B



AGEITOS SOBRADELO, DARÍO
15
41
44
BLIX URBIOLA, ÍÑIGO
16
42
45
CASAL GRAÑA, ELOI
17
43
46
FLORES SARDELLA, ÁLVARO
18
44
47
PAMPÍN GARCÍA, MARTÍN
19
45
48
PAZ GUTIÉRREZ, LETICIA
20
46
49
PENSADO GONZÁLEZ, ALBA
21
47
50
PREGO DE OLIVER SAINZ, LAURA
22
48
51
QUEIRUGA CASTRO, PABLO
23
49
52
QUINTANA PITA, MARTA
24
50
53
REY CRUZ, MIGUEL
25
51
54
SÁNCHEZ-BIEZMA GONZÁLEZ, JULIA
26
52
55
3º ESO C



RAMOS BALTASAR, AIDA
53
10
56
RIVAS MOSQUERA, ÁLVARO
54
11
57
RIVAS MOSQUERA, MARÍA
55
12
58
RIVAS MOSQUERA, MARTA
56
13
59
RODRIGUEZ ACEVEDO, DAVID
57
14
60
RODRIGUEZ FERNÁNDEZ, HELENA
58
15
61
RODRÍGUEZ SUÁREZ, RAÚL
59
16
62
RUIBAL BOQUETE, YÉSSICA
60
17
63
SALAS GUEVARA, LAURA CARIDAD
61
18
1
VIEITES RAÑA, REBECA
62
19
2
3º ESO D



ALONSO MELISS, IRIS MARÍA
63
20
3
ARCE OTERO, MIGUEL
1
21
4
CORTEGOSO DOVAL, PEDRO
2
22
5
FERNÁNDEZ LÓPEZ, PAULA
3
23
6
MARTÍNEZ DE ALEGRÍA MADERA, IAGO
4
24
7
REFOJO ESPASANDÍN, ALEJANDRO
5
25
8
RODRÍGUEZ VARELA, CRISTINA
6
26
9
ROJO FIGUEIRA, PABLO
7
27
10
SUÁREZ FERNÁNDEZ, ÓSCAR
8
28
11
WALTHER SANZ, IRENE RAQUEL
9
29
12